Ferido cando practicaba motocrós en Touro

0 minutes read

Un home sufriu feridas de consideración tras sufrir un accidente nunha pista próxima á Ponte Basebe, en Touro. O 112 Galicia recibiu a chamada do persoal sanitario que informaba do suceso e, na mesma comunicación, xa confirmaba a mobilización da aeronave medicalizada con base en Santiago, para o lugar. Con eses datos, os xestores de emerxencias do 112 alertaron aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos membros do GES de Ribadavia e de Protección Civil da localidade, para colaborar co equipo médico desprazado na aeronave.