- Sucedeu no lugar de Pragais, na parroquia da Pereira, mentres o home estaba tallando madeira
Un home sufriu feridas de consideración ao esmagarse a man cunha máquina que utilizaba para tallar madeira en Santa Comba. Sucedeu este martes ao mediodía no lugar de Pragais, na parroquia de A Pereira.
O 112 Galicia recibiu a alerta da situación a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Os servizos sanitarios indicaban que estaban a mobilizar un helicóptero medicalizado para atender ao ferido. Ata o lugar tamén se desprazaron voluntarios de Protección Civil e axentes da Garda Civil da localidade.