Ferido de consideración ao ser atropelado en Santa Comba

0 minutes read
  • Sucedeu ao fío das 18:00 horas na Avenida de Brasil, á altura do número 47

Un home foi atropelado na tarde deste martes en Santa Comba e precisou asistencia sanitaria ao quedar ferido de consideración. O suceso aconteceu na Avenida de Brasil, á altura do número 47, ao fío das 18:00 horas.

Foi un particular quen alertou do incidente ao 112 Galicia, desde onde deron aviso á Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para mobilizar un helicóptero medicalizado e así atender mellor á vítima.

No operativo tamén interviñeron axentes da Policía Local e os membros de Protección Civil.