Ferido de consideración mentres manipulaba unha carretilla elevadora nas Pontes

Arquivo.

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron este xoves a un traballador que resultou ferido ao quedar atrapado baixo as unllas dunha carretilla elevadora.

Ocorreu nas Pontes de García Rodríguez, a onde se desprazou o helicóptero medicalizado con base en Santiago para evacuar ao ferido de forma urxente.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse no Polígono Industrial dos Airíos da localidade coruñesa. Alí acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para atender a un operario, que resultou ferido de consideración cando manexaba unha carretilla elevadora. Por razóns que aínda se descoñecen, o traballador quedou atrapado baixo as unllas da máquina, polo que, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos Bombeiros do Eume. Sen embargo, descartaron empregar os equipos de excarceración en canto comprobaron que o operario estaba xa liberado.

No lugar do accidente atopábase un equipo médico a bordo do helicóptero con base en Santiago para efectuar o traslado do ferido o antes posible.