32
Un motorista resultou ferido de consideración nas súas extremidades tras caerse da moto que pilotaba este sábado (preto das dúas da tarde) no cruce de Cartel, na estrada DP-2303, que uno Os Muíños con Lobelos-Cee. Protección Civil de Muxía desprazou rápidamente ao lugar dos feitos o equipo de garda con vehículo VIR, tal e como publicou a propia AVPC. O motorista foi atendido en primeira instancia por unha enfermeira do Hospital de Cee, fóra de servizo, que se atopaba no lugar. Tras a chegada dos sanitarios en ambulancia, o ferido foi estabilizado e trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee para a súa evaluación e tratamento. Ao lugar tamén acudía unha patrulla da Garda Civil de Tráfico.