26
Este martes, sobre as 18:20 horas, un condutor resultou ferido de consideración despois de caer co seu vehículo por un terraplén en Monfero. O turismo saíuse da vía e caeu por un desnivel na estrada que une Betanzos con Vilalba.
Debido ao impacto, a vítima sufriu diversas lesións das que foi atentida polo equipo do 061-Urxencias Sanitarias, que acudiu ao lugar do accidente a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.
Non foi preciso o traballo dos Bombeiros do Eume, xa que os servizos sanitarios foron capaces de acceder ata o ocupante sen problema. De todos xeitos, a Garda Civil tamén se trasladou ata o lugar dos feitos para averiguar que aconteceu con seguridade.