Ferido de gravidade un camioneiro ao perder a carga na Fonsagrada

0 minutes read

Un camioneiro quedou ferido de gravidade nun accidente de tráfico rexistrado no concello lugués da Fonsagrada. O condutor perdeu o control do vehículo nunha curva e acabou envorcando. O home, que quedou atrapado no interior da cabina, estivo consciente en todo momento, pero os traballos de excarceración foron complexos e duraron case dúas horas. Despois foi trasladado por un helicóptero en estado grave. O camión, que transportaba troncos de madeira, perdeu a carga e a estrada quedou cortada en ambas dúas direccións.