33
- A vítima tivo que ser trasladada en helicóptero ata o Hospital Xeral de Lugo
Unha persoa resultou ferida este luns tras caer da moto coa que participaba nun circuíto de motocross en Monforte de Lemos. A vítima tivo que ser trasladada de urxencia en helicóptero ata o Hospital Xeral de Lugo.
O incidente produciuse uns minutos antes da catro da tarde, e foi un familiar quen alertou do sucedido ao 112. Segundo a Axencia Galega de Emerxencias o accidente ocorreu preto do Canal, un lugar de difícil acceso para os vehículos, podendo unicamente acceder a través dunha finca de herba, situada a uns 500-600 metros.
No operativo de rescate, ademais do persoal do 061, participaron os Bombeiros de Monforte, a Policía Local e efectivos de Protección Civil da localidade.