Ferido grave nun accidente entre o Carballiño e Ribadavia


Un home resultou ferido grave nun accidente acontecido na estrada que une as localidades do Carballiño e Ribadavia. O condutor perdeu o control do vehículo, saíu da vía e caeu nun rego de catro metros de profundidade. Foi un mozo que pasaba polo lugar o que deu o aviso o ver o coche fóra da estrada, colgando da barreira metálica, e o seu condutor no fondo dunha arqueta parcialmente inundada. O condutor non levaba posto o cinto de seguridade. No rescate, de gran complexidade, participaron os bombeiros de Ribadavia e O Carballiño, así como a Garda Civil de Tráfico.