Ferido grave tras saírse da vía e chocar contra outro turismo e un muro en Tomiño

O accidente aconteceu na tarde deste domingo na estrada que comunica Tomiño con Forcadela na provincia de Pontevedra. O impacto entre estes dous coches foi tan grande que un deles quedou practicamente esnaquizado. Os bombeiros tiveron que excarcerar ao seu condutor. Foi trasladado en helicóptero ao hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo. No momento do seu trasladado ía consciente pero tiña feridas moi graves. A Garda Civil investiga as causas do sinistro pero algunhas testemuñas apuntan a un exceso de velocidade. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha