14
Un home de mediana idade resultou ferido grave na mañá deste sábado tras ser atropelado por un camión na travesía de Baio, no Concello de Zas. Segundo a información pasada pola Garda Civil, o peón non cruzou debidamente, polo que o condutor do camión non o viu. Unha enfermeira que estaba preto do lugar prestoulle os primeiros auxilios ao ferido ata a chegada dunha ambulancia que o trasladou ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee.