Ferido grave un motorista nun accidente en Culleredo

0 minutes read

Un motorista resultou ferido de gravidade a causa dun sinistro rexistrado na Avenida de Fonteculler, en Rutis, Culleredo. Neste caso, tratouse dunha colisión entre unha moto e un coche, e que causou lesións importantes ao motorista. Así o indicaron os profesionais de urxencias sanitarias que chamaron ao 112 Galicia para informar da mobilización dunha ambulancia con persoal médico ata o lugar dos feitos. Os xestores do 112 nada mais recibiron o aviso por parte do persoal sanitario informaron decontado aos Bombeiros de Arteixo e aos axentes da Policía Local.