Ferido grave un motorista tras sufrir unha caída preto do miradoiro do Ézaro

1 minutes read
  • O incidente produciuse este xoves sobre as 18:00 horas, e a vítima tivo que ser evacuada ao Hospital de Cee

Unha persoa resultou ferida despois de sufrir unha caída coa súa moto mentres conducía o vehículo preto do miradoiro do Ézaro, no concello de Dumbría. O suceso aconteceu sobre as 18:00 horas deste pasado xoves, cando o 112 Galicia tivo constancia do accidente grazas á chamada dunha persoa particular, quen solicitaba asistencia médica urxente.

Debido á gravidade das lesións, o equipo médico chegou a informar da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense. pero finalmente o ferido foi evacuado en ambulancia ata o Hospital de Cee.

Ata o punto desprazáronse os Bombeiros de Cee e axentes da Garda Civil de Tráfico, co fin de garantir as condicións de seguridade na vía.