Ferido grave un operario de Alcoa en San Cibrao

Trátase dun traballador de Reymogasa, empresa contratista de Alcoa, e veciño de Viveiro, que resultou ferido de gravidade cando realizaba traballos na planta de Alcoa en San Cibrao. 

O operario tivo un problema cunha tubería mentres exercía no departamento de Dixestión da fábrica, o que lle provocou queimaduras polo corpo. Como consecuencia do suceso, o traballador foi trasladado ao Hospital Público da Mariña e posteriormente ao da Coruña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha