Ferido grave un operario tras un accidente no polígono industrial de Muros

0 minutes read

Un operario resultou ferido de consideración na tarde deste xoves despois de caer dunha altura duns tres metros nunha gasolineira no Polígono Industrial de Muros.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ao fío das 16:00 horas, a través dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron un helicóptero medicalizado para trasladar a vítima ao centro hospitalario de referencia.

No operativo tamén participaron axentes da Garda Civil e efectivos do GES de Muros.