Ferido grave un traballador no Polígono de Bértoa en Carballo

Polígono de Bértoa

Un traballador de mediana idade resultou ferido de gravidade nun accidente laboral, pasados uns minutos das 10 da mañá deste mércores, cando se atopaba traballando nunha nave do Polígono de Bértoa en Carballo. Compañeiros do accidentado foron os que deron a voz de alarma ao 112 Emerxencias Galicia, que mobilizou á Garda Civil, Policía Local e Protección Civil de Carballo, ademais dunha ambulancia do 061 que evacuou ao ferido ao hospital. Segundo fontes próximas a persoa resultou ferida ao caerse dunha escaleira na que estaba a traballar a uns tres metros de altura, como consecuencia da caída tiña varios golpes polo corpo, na cabeza e analizado en primeira instancia, posiblemente a rotura dunha perna por varios sitios.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha