Os bombeiros do parque de Cee tiveron que liberar do interior dun dos turismos, a través dunha das súas portas, ao ferido más grave, un home de idade avanzada. Posteriormente foi estabilizado polos sanitarios do 061, e evacuado a un hospital en helicóptero medicalizado. A estrada AC-432 estivo cortada para facilitar a evacuación dos feridos, sendo desviado o tráfico por estradas secundarias. Ao lugar do accidente, ademais dos bombeiros de Cee e o 061, acudiron tamén Protección Civil e Garda Civil de Camariñas, a Garda Civil de Tráfico e persoal do servizo de conservación de estradas.
Ferido grave un veciño de Camariñas tras un choque entre dous turismos no lugar de Xaviña
Bombeiros de Cee.