Ferido leve tras desprenderse parte dunha fachada dun edificio en Bueu

0 minutes read

Un veciño de Bueu quedou ferido leve, tras deprenderse unha parte da fachada dun edificio.
Os feitos ocorreron cando unha parte do recubrimento do inmoble se desprendeu sobre a rúa, nunha céntrica praza da vila, e alcanzou nun ombreiro este home que transitaba polo lugar.
O suceso obrigou a intervir aos bombeiros do Morrazo, que acordoaron a zona, despois de retirar varias lousas da fachada para evitar novos desprendementos e garantir a seguridade. Os veciños denuncian que xa se produciran outros con anterioridade.