Ferido leve tras unha saída da vía na AP-9 á altura do quilómetro 7.8, en Oleiros, sentido A Coruña

0 minutes read

Os bombeiros do parque Provincial de Betanzos acudiron este sábado, tras recibir un aviso ás 22:21horas, ao quilómetro 7.8 da AP-9 tras producirse unha saída da vía sentido A Coruña ao seu paso polo Concello de Oleiros. 

Tan só un vehículo implicado e cun único ocupante, que presenta feridas leves. Non necesita traslado a centro hospitalario. Se persoan tamén no lugar do sinistro a Garda Civil e o persoal de mantemento de Autoestradas.