39
Unha persoa resultou ferida de consideración tras saírse da vía o vehículo no que viaxaba á altura do quilómetro 34 da autoestrada AG-55 en dirección A Coruña. A alarma deuna o 112 Emerxencias Galicia cando pasaban 50 minutos da medianoite deste mércores, informando de que un vehículo Seat Córdoba sufrira un accidente e mobilizando así aos servizos de emerxencia. Ao lugar acudiu unha patrulla da Policía Local de Carballo e a Garda Civil de Tráfico, que se fixo cargo das correspondentes dilixencias, ademais dunha ambulancia que atendeu ao ferido.