Ferido leve un vendedor da ONCE en Carballo


Un vendedor da ONCE resultou ferido na confluencia das céntricas rúas do Horreo e Coruña en Carballo. O incidente produciuse ás 12 e media da mañá deste domingo, coas rúas cheas de xente ao celebrarse a última feira dominical do ano.

Esta persoa transitaba con normalidade cando escorregou no brión da ornamentación do Nadal, en estado húmido e deslizante pola xeada da noite, caendo ao chan e levándose un golpe cunha posterior brecha na cabeza pola que sangraba abundantemente.

Rapidamente foi atendido por veciños da zona que lle aplicaron un tapón na ferida. Ao lugar trasladouse a Policía Local e unha ambulancia que evacuou ao ferido, consciente en todo momento, ao centro médico da localidade.