- O incidente produciuse minutos antes das 23:30 horas deste pasado venres na DP-9304
Unha persoa resultou feridas tras unha saída de vía na DP-9304, concretamente no punto quilométrico 2, ao seu paso polo concello de Zas. Os feitos sucederon poucos minutos antes das 23:30 horas deste venres, cando un particular alertaba ao 112 Galicia do accidente indicando que a vítima, único ocupante do vehículo, precisaba asistencia sanitaria e que ademais cabía a posibilidade de que se atopara atrapada no turismo.
Con estes datos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia deron aviso aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Santa Comba, a Tráfico e a Protección Civil da localidade, que confirmaron que a persoa se atopaba fóra do vehículo polo que, finalmente, non foi preciso o uso do material de excarceración.