Ferido o condutor dun tractor tras sufrir un accidente na Ponte do Porto, en Camariñas

Accidente no concello de Camariñas_Protección Civil da localidade

  • O suceso tivo lugar na AC-432, dirección Vimianzo

Un home resultou ferido na tarde deste venres tras saírse da vía e acabar na cuneta mentres circulaba co seu tractor pola Ponte do Porto, no concello de Camariñas. En concreto o incidente produciuse na AC-432, dirección Vimianzo, sobre as seis da tarde.

Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia, asegurando que a vítima non estaba atrapada pero que precisaba asistencia sanitaria. A partir de aí, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron unha ambulancia ata o lugar para trasladar á vítima ata o hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

No operativo tamén participaron axentes da Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Cee, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha