Un operario foi evacuado de urxencia despois de caer do tellado da casa na que traballaba en Santa Comba. O estado deste traballador autónomo accidentado foi empeorando co paso dos minutos, polo que os servizos sanitarios de urxencia trataron de axilizar o seu traslado ao Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC).
Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para informar da caída dun operario que estaba a traballar unha casa do lugar da Castiñeira. Alí acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tamén alertados polo empeoramento do estado do ferido, como indicaron as persoas que chamaron ao 112 para informar.
Así, foi evacuado ao CHUAC para ser sometido a un recoñecemento médico debido ás lesións que presentaba. Ademais, o equipo médico contou coa colaboración dos axentes da Policía Local de Santa Comba e da Garda Civil.