Ferido un ciclista en Entrecruces, Carballo

Pasadas as 12 do mediodía deste domingo unha colisión lateral dunha bicicleta cun turismo remataba co ciclista no chan. O sinistro tivo lugar na estrada provincial DP-1914 que une Carballo con Portomouro, no lugar de Taboada, na parroquia carballesa de Entrecruces. En principio, parece que o suceso foi leve, ainda que o ciclista se queixaba dun forte golpe na cadeira. Ao punto acudiu, alertada polo 112 Emerxencias Galicia, unha ambulancia do 061 que lle prestou os primeiros auxilios ao ferido.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha