39
Un ciclista resultou ferido no concello coruñés de Boqueixón tras ser alcanzado por un vehículo. O accidente produciuse na zona do Pico Sacro, na parroquia de Lestedo.
Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para informar dos feitos. Indicaba que o ciclista necesitaba asistencia sanitaria tras ser atropelado por un turismo na estrada que une Lestedo a Boqueixón, á altura da Igrexa de San Lourenzo da Granxa.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil de Tráfico. Ademais, avisouse tamén aos Bombeiros de Santiago e aos membros de Protección Civil de Boqueixón.