37
Este era o único ocupante do vehículo, que acabou no río ao caer desde a ponte da praia fluvial de Esmorode, en Mallón. Os servizos de emerxencias instalaron unha barreira para evitar que o combustible do vehículo se estendera polo río.
Tras recibir o aviso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informaron aos Bombeiros de Santa Comba, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil de Santa Comba.
Cando chegaron, os Bombeiros comprobaron que a persoa xa saíra do vehículo polos seus propios medios, pero continuaba no río. Entón procederon a auxilialo cunha padiola e, a continuación, foi atendido polos servizos sanitarios.