Ferido un home en Negreira tras sufrir unha caída dun tellado


Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse no lugar de Meiro. Foi a chamada dos profesionais sanitarios ao 112 Galicia, informando da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago para atender ao ferido, o que permitiu a activación dun operativo no que tamén participaron os axentes da Policía Local. Malia que a aeronave tomou terra no lugar dos feitos poucos minutos despois, finalmente, a persoa foi trasladada ao Hospital Cínico de Santiago en ambulancia. Igualmente, desde o 112 púxose a situación en coñecemento dos axentes da Garda Civil e dos membros do GES de Brión, por se fose necesaria a súa colaboración.