Ferido un home en Oleiros tras quedarlle unha perna atrapada debaixo un tractor

1 minutes read
  • Sucedeu arredor das 18 horas na parroquia do Dexo

Continúan os accidentes con maquinarias agrícolas en Galicia. O último rexistrouse na tarde deste luns en Oleiros, onde un home resultou ferido tras quedarlle atrapada unha perna debaixo do seu tractor. Os feitos sucederon nunha leira da parroquia de Dexo, á altura da rúa da Marola, uns minutos antes das 18:00 horas.

Foi unha persoa particular quen alertou do accidente ao 112 Galicia, desde onde se informou do sucedido ao 061, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, de Protección Civil e aos Bombeiros de Arteixo, que finalmente non tiveron que intervir grazas a que a vítima foi liberada polos veciños.