Un home duns 70 anos, veciño de Paiosaco, resultou ferido tras ser atropelado por un vehículo cando, acompañado doutros dous, tentaba cruzar por un paso de peóns situado nas inmediacións do campo da feira de Paiosaco. O 112 Emerxencias Galicia activou unha alerta á unha e media da tarde deste xoves polo suceso. O home resultou ferido nunha cadeira e ademais estaba bastante desorientado, polo que foi trasladado por unha ambulancia do 061 a un centro hospitalario. Ao lugar desprazáronse axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local da Laracha, quenes realizaron labores de control da circulación así como o correspondente atestado. A condutora do turismo, unha veciña da Laracha de mediana idade, deu negativo na proba de alcoholemia e estaba bastante afectada polo acontecido, do que dixo non haber podido facer nada por evitalo.