Ferido un home por caída dun cabalo na parroquia de Soandres, no Concello da Laracha

O persoal do parque provincial de bombeiros de Carballo colaborou co 061 para o traslado dun home por mor dunha caída dun cabalo nunha zona forestal na parroquia de Soandres, no Concello da Laracha.

O lugar do accidente era de difícil acceso para o persoal sanitario co seu vehículo polo que o 061 precisou da colaboración do equipo do parque provincial de bombeiros de Carballo para acceder ao lugar no que estaba o home e prestarlle asistencia. A persoa ferida puido ser trasladada nun dos vehículos do equipo de bombeiros ata ambulancia para o seu posterior traslado ao CHUAC xa no vehículo sanitario. 

Related posts

O Centro Sociocultural de Zas acollerá o venres 6 de marzo a presentación da campaña contra a vespa velutina

‘Somos as mulleres que construímos Camariñas’: campaña para reivindicar o papel fundamental das súas veciñas polo 8M

O PIE da Laracha facilitará o acceso ao mercado laboral a 100 persoas desempregadas