Ferido un motorista ao precipitarse dunha ponte en A Coruña

Emergencias 112

  • O accidente tivo lugar en Lonzas sobre as 20:15 horas deste pasado venres

Un motorista tivo que ser evacuado ao CHUAC tras resultar ferido despois de precipitarse co seu vehículo desde unha ponte en Lonzas, A Coruña.

O accidente produciuse arredor das 20:15 horas deste pasado venres, cando un particular alertaba ao 112 Galicia dos feitos, sinalando que o ferido se atopaba inconsciente debido ao impacto.

Decontado, os xestores do 112 puxeron a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Policía Local. Ademais, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informouse tamén aos Bombeiros da Coruña e aos membros de Protección Civil da localidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha