Ferido un motorista nun accidente en Bértoa, Carballo

0 minutes read

Un novo sinistro con danos persoais produciuse ás 19:30 horas deste xoves na AC-552 ao seu paso por Bértoa. Unha colisión entre un turismo e unha motocicleta deixou ferido de consideración nunha perna ao condutor da moto. Unha vez pasada a alerta polo 112 Emerxencias Galicia ao lugar trasladouse unha dotación de bombeiros, Protección Civil, Policía Local e a Garda Civil. O motorista quedou tendido no asfalto. Producíronse retencións importantes no tráfico rodado na estrada comarcal.