Ferido un motorista nun accidente en Bértoa, Carballo

1 minutes read
  • Minutos máis tarde, no mesmo lugar, un camión enganchou unha pancarta e un semáforo.

Un motorista resultou ferido de consideración ás tres da tarde deste luns. O suceso produciuse á altura do número 6 da avenida de Bértoa. Ao parecer, segundo testemuñas presenciais, o condutor da motocicleta realizaba presuntamente unha manobra ao mesmo tempo que o condutor dun turismo polo que ambos os vehículos chocaron, o motorista foise ao chan e queixábase dunha forte dor de costas. O 112 Emerxencias Galicia mobilizou a unha Ambulancia do 061, a Protección Civil e á Policía Local de Carballo. O motorista ferido foi evacuado de urxencia ao hospital, mentres os demais implicados resultaron ilesos. Minutos máis tarde, no mesmo lugar, un camión enganchou unha pancarta e un semáforo, polo que de novo os servizos municipais de Protección Civil tiveron que intervir no lugar.