Ferido un motorista nun accidente en Carballo

0 minutes read

O condutor dunha moto resultou ferido de diversa consideración nun accidente ocorrido na tarde deste luns en Carballo. O suceso produciuse ao caer da motocicleta que pilotaba na rúa Vila de Arousa, próxima á intersección coa Vila de Corme. O condutor da moto tivo que ser evacuado do lugar en ambulancia. Un particular deu o aviso ao 112 Emerxencias Galicia ás 20:15 horas, acto seguido mobilizouse ao 061, a Protección Civil e ademais á Policía Local de Carballo, que foi a encargada de instruír as correspondentes dilixencias.