0
O sinistro produciuse minutos antes das seis da tarde deste sábado preto do punto quilométrico 66 da AC-552, na zona coñecida como Alto da Lagoa, no Concello de Vimianzo. Por motivos que se investigan un turismo Peugeot 206 saíuse da vía, rebotando e quedando de novo envorcado nela. En primeira instancia foi mobilizado o helicóptero medicalizado con base en Santiago que aterrou no punto, aínda que finalmente o mozo ferido tras ser atendido no lugar foi evacuado ao hospital por unha ambulancia do 061. En auxilio tamén acudiron a Garda Civil de Tráfico e os bombeiros do parque de Cee.