25
- Tamén resultou ferida unha persoa en Buxán, Dumbría, despois de caer dunha altura de tres metros
Un traballador precisou asistencia sanitaria na tarde deste luns ao caerlle un muro encima dunha perna. Sucedeu na rúa coruñesa Pondal arredor das 15:45 horas. Foron os sanitarios do 061 quen alertaron ao 112 Galicia, desde onde se pasou o aviso á Policía Nacional e Local e á Protección Civil da Coruña.
Accidente en Dumbría
Outro operario tamén resultou ferido en Dumbría ao caer dunha altura duns tres metros no alto dunha construción. Os feitos sucederon preto das 17:45 horas nunha casa no lugar de Buxán.
Ata a vivenda onde tivo lugar o accidente laboral acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil.