Ferido un traballador dunha empresa de Coristanco


Pasados uns minutos da 1 da tarde deste martes a mala sorte cebouse cun traballador dunha empresa de Coristanco. Dispoñíase a pechar un portal metálico de grandes dimensións cando, por causas que se investigan, este véuselle encima esmagándolle parte do corpo.

Unha vez mobilizados os equipos de emerxencia, acudiu en auxilio Policía e Protección Civil de Coristanco e unha patrulla da Garda Civil, o ferido foi trasladado por unha ambulancia ao hospital, e ainda que en principio mobilizouse ao helicóptero do 061, este non chegou a intervir.