27
O 112 Emerxencias Galicia deu a voz de alarma á primeira hora da tarde deste martes. Unha persoa chamara a emerxencias para comunicar que se lesionou co cerradío da empresa onde traballa ao tentar saltalo por encima. Os feitos ocorreron na compañía Sogapol, pertencente ao grupo Valtalia, situada no lugar de As Encrobas. O home tivo que ser evacuado de urxencia ao hospital nunha ambulancia do 061 cunha importante lesión nun brazo. En auxilio do ferido tamén acudiron a Policía Local, a Garda Civil e Protección Civil de Cerceda.