Ferido un tractorista en Carballo

2 minutes read

Unha persoa resultou ferida de consideración ao volcar o tractor que manexaba. O suceso produciuse pasadas as 4 da tarde deste sábado preto da casa numero 6 do lugar da Vixoteira na parroquia carballesa de Rus. O home presentaba unha ferida na cabeza, e ainda que saiu polo seu propio pe, foi trasladado de urxencia o CHUAC. Acudiron ao lugar en auxilio do accidentado a Policia Local de Carballo a Garda Civil e unha Ambulancia que trasladou o ferido.

E necesario concienciar, sobre todo as personas maiores, do risco asociado que teñen o manexo e a conducción deste tipo de aparellos.

A Xunta de Galicia, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral, facilitou fai unhas semanas información acerca das medidas de prevención fronte a volcos, por ser o accidente que se produce con maior asiduidade tanto en fincas como en estradas.

Táfico incluso puxo en marcha unha campaña de control, dado que todos os tractores matriculados dende o 1.993 e que superen os 600 kilos de peso, deben ir equipados con un bastidor ou cabina oficialmente homologada para reducir os danos o conductor en caso de que a máquina volque.

Tal e como estamos a ver todas as medidas a tomar sempre son poucas, polo que hay que seguir loitando e incidindo na concienciación dos tractoristas para evitar no posible que casos coma o de oxe volvan a ocurrir.


Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?