Falece o veciño de Fisterra atropelado na recta da Anchoa

0 minutes read

Unha persoa resultou ferida de consideración ao ser alcanzada por un vehículo, no punto quilométrico 11 da AC-445. Ocorreu ao fío das 18:00 horas deste domingo. Nese momento, varias persoas particulares alertaron dos feitos ao 112 Galicia. Acto seguido, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Fisterra. A persoa ferida foi trasladada nunha ambulancia ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Acto seguido foi derivado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), onde acabou falecendo.