27
O accidente produciuse preto das seis da tarde deste Venres Santo á altura do punto quilométrico 4,3 da estrada AC-440 ao seu paso polo lugar de Suxo, no concello de Muxía. Por causas que se descoñecen, unha motocicleta que circulaba en dirección a Muxía, saíuse polo marxe dereito impactando na cuneta. Tanto o piloto como a copiloto resultaron feridos, e foron atendidos no lugar do sinistro por persoal do 061 Urxencias Sanitarias de Galicia. Unha vez estabilizados, foron evacuados o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee para a súa avaliación. Interviñeron no accidente membros de Protección Civil de Muxía, 061 Urxencias Sanitarias de Galicia, e a Garda Civil de Tráfico.
