Feridos dous ciclistas atropelados na Laracha

0 minutes read

O accidente produciuse á altura do lugar do Toural, na parroquia de Erboedo, dous ciclistas necesitaron asistencia tras ser alcanzados este martes por un coche. Foron varias persoas particulares as que alertaron dos feitos, nese momento, ao 112 Emerxencias Galicia. Un dos deportistas queixábase dunha forte dor nun ombreiro, o outro presentaba feridas máis graves ao impactar de cheo contra o cristal dianteiro do turismo. De xeito inmediato, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.