Feridos tres ciclistas nunha caída múltiple durante unha proba en Cerceda

0 minutes read

Tres participantes nunha proba ciclista organizada no concello de Ordes quedaron feridos nun accidente ocorrido contra as cinco e media da tarde deste sábado. Por causas aínda sen determinar, varios membros do pelotón protagonizaron unha caída múltiple á altura de Xesteda, en Cerceda. Tres dos implicados tiveron que ser trasladados ao hospital da Rosaleda, en Santiago, un cunha conmoción cerebral, outro con dor na zona da clavícula e un terceiro con contusións. A segunda parte da proba puido reiniciarse unha hora máis tarde. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?