Feridos unha muller e un menor tras envorcar co seu coche na AG-55

Bomberos de Carballo.

O 112 Emerxencias Galicia activou o aviso do accidente ás 16:10 horas deste sábado. Tratábase dun Citroën Saxo envorcado sobre o asfalto no punto quilométrico 19 da autoestrada AG-55 -sentido A Coruña-, preto de Larín, no termo municipal de Arteixo, e por causas que agora investiga a Garda Civil de Tráfico. Unha muller de mediana idade e un menor resultaron feridos leves e atrapados dentro do vehículo, aínda que á chegada dos servizos de emerxencia xa estaban liberados. Ao lugar acudiron a Garda Civil, unha ambulancia do 061, os bombeiros de Carballo e persoal de mantemento da vía.