O ex-presidente de Pescanova asume toda a responsabilidade polas decisións que levaron a compañía á beira da liquidación. No xuízo que se segue contra el e outros directivos por presunta estafa, Manuel Fernández de Sousa admitiu erros, pero descargou a culpa nos órganos supervisores.
Manuel Fernández de Sousa presentouse na Audiencia Nacional como o maior prexudicado pola creba da compañía, pero tamén como o seu máximo responsable: «eu era ata o último día o responsable de todo o que se fixera mal ou ben en Pescanova»
De Sousa está acusado de maquillar as contas da empresa para ocultar unha débeda de 3 a 4 veces maior da real. No seu relato, admitiu prácticas como a de non detallar as contas das filiais: «nunca xamais en dez anos a min se me dixo teñen que corrixir isto que está mal»
O fiscal pide para el 28 anos de cadea e 22 millóns de multa.