Fernández del Riego reivindicado como figura central da cultura galega do século XX

1 minutes read

No pleno extraordinario que cada ano celebra a Real Academia Galega neste 17 de maio. O presidente da RAG, Víctor Fernández Freixanes, destacou este mércores sobre Fernández del Riego o «seu exilio interior, a resitencia non menos heroica dos que aquí quedaron». O Día das Letras, que fai agora 60 anos e do que Del Riego contribuíu a crear, é «mostra da súa intelixencia e afouteza», engadiu Freixanes. A académica Margarita Ledo destacou o seu papel xornalístico.»Máis de 400 entregas de opinión que antes e despois do 36 saen en diferentes rúbricas». Pero Del Riego foi tamén o nexo de unión entre os exiliados de dentro e de fóra de Galicia. Xesús Alonso Montero falou da súa conexión con Luís Seoane. Ao acto da Real Academia asistiron o presidente da Xunta de Galicia e o delegado do Goberno en Galicia.