Fernández del Riego reivindicado como figura central da cultura galega do século XX

1 minutes read

No pleno extraordinario que cada ano celebra a Real Academia Galega neste 17 de maio. O presidente da RAG, Víctor Fernández Freixanes, destacou este mércores sobre Fernández del Riego o “seu exilio interior, a resitencia non menos heroica dos que aquí quedaron”. O Día das Letras, que fai agora 60 anos e do que Del Riego contribuíu a crear, é “mostra da súa intelixencia e afouteza”, engadiu Freixanes. A académica Margarita Ledo destacou o seu papel xornalístico.”Máis de 400 entregas de opinión que antes e despois do 36 saen en diferentes rúbricas”. Pero Del Riego foi tamén o nexo de unión entre os exiliados de dentro e de fóra de Galicia. Xesús Alonso Montero falou da súa conexión con Luís Seoane. Ao acto da Real Academia asistiron o presidente da Xunta de Galicia e o delegado do Goberno en Galicia.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?