O exministro do Interior con Rajoy, Jorge Fernández Díaz, solicitou, por mediación da súa defensa, ante a Sala do Penal da Audiencia Nacional que o PP sexa sentado no banco como responsable civil a título lucrativo no caso Kitchen pola espionaxe ao extesoreiro do partido, Luís Bárcenas. Desta forma, o exministro sumouse a a decisión tanto da acusación do PSOE como do que foi o seu ‘número dous’, Francisco Martínez, de recurir a decisión do instrutor do caso, Manuel García Castelló, de impedir que a formación política poida ser condenada.
Nun escrito, a defensa de Férnandez Díaz, sinalou que do relato fáctico dos escritos de acusación despréndese que “a orixe e epicentro dos feitos presuntamente delituosos foi a espionaxe e a subtracción á familia Bárcenas de información supostamente prexudicial para os intereses do PP, sempre no seu beneficio e utilizando para tal fins fondos reservados”. Por eso, apunta que sendo así e solicitándose no auto de apertura de xuízo oral unha condena en vía de responsabilidade civil para a Administración do Estado, “resulta obvio, coherente e necesario incluír ao PP como partícipe a título lucrativo”.