A Escola Basket Xiria notificou oficialmente que o adestrador Fernando Buendía non seguirá como adestrador do primeiro equipo do Calvo Basket Xiria na vindeira tempada. A decisión do coruñés de deixar os adestramentos temporalmente, tomouna nas datas de Semana Santa e así llo confirmou ao Club, no que era unha decisión persoal e desexaba avisar con tempo e non verse influenciado ao final de tempada polos resultados deportivos. Despois de case 20 anos adestrando de forma consecutiva, a súa familia e o seu traballo, facían difícil compaxinar cos adestramentos e viaxes.
Dende o Club emitiron un comunicado: «queremos agradecer a Fer Buendía a súa profesionalidade, o gran traballo feito nas tres tempadas, a súa paixón, seriedade, compromiso que tivo co Club e con Carballo, non só no traballo técnico do equipo, senón na implicación en tódalas actividades organizadas pola entidade e nas que desde o primeiro momento estivo disposto a colaborar.
Desexámosche o mellor dos éxitos en todo o que acometas no futuro e estamos seguros que máis pronto que tarde, unha vez descanses e recupere alentos, voltaremos a verte polos banquillos e os pavillóns, transmitindo o seu amor e paixón polo baloncesto».
67